viernes, 4 de marzo de 2016

II SEMINARIO APRENDIZAJE-SERVICIO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO

O Grupo de Investigación Esculca da Universidad de Santiago de Compostela ven de poñer en marcha o II Seminario Aprendizaxe-Servizo no ensino non universitario, co cal colabora a Asociación Galega de Aprendizaxe-Servizo. Dito seminario celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) de Santiago de Compostela entre os días 13 e 15 de Abril de 2016. 

Este evento ten solicitada a homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como ACTIVIDADE DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO (10 h.)

Toda a información estará dispoñible na web www.usc.es/esculca

martes, 26 de enero de 2016

VII CONGRESO Nacional e II Internacional de APRENDIZAXE-SERVIZO UNIVERSITARIO - ApS(U)7

Desde o Grupo de Investigación ESCULCA, a Rede RIES e a Asociación Galega de ApS (ApSGa) estamos a traballar na organización do VII Congreso Nacional e II Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universitario - ApS(U)7, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 13, 14 e 15 de outubro de 2016.

Para acceder a unha breve información sobre os prazos, as taxas de matrícula e os tipos de participación, así como para descargar a plantilla para as propostas de comunicación, PREMA AQUÍ. 

Proximamente faremos pública a páxina web do Congreso, onde se poderá atopar toda a información.

miércoles, 21 de octubre de 2015

Novo libro en Aprendizaxe-Servizo

A editorial Octaedro ven de publicar nos derradeiros días o libro "Aprendizaje-servicio y misión cívica en la universidad: Una propuesta de desarrollo", cuios autores son: Miguel A. Santos Rego, Alexandre Sotelino Losada e Mar Lorenzo Moledo, membros do grupo de investigación Esculca, e tamén da Asociación Galega de Aprendizaxe-Servizo. 

En palabras dos autores "este libro se propone marcar pautas teóricas y metodológicas de utilidad pedagógica, de modo que facilite la gestión del cambio en la educación superior". Podedes ter máis información desta obra no seguinte enlace da Editorial Octaedro

miércoles, 7 de octubre de 2015

Premios Aprendizaxe-Servizo 2015

A Rede Española de Aprendizaxe-Servizo, Educo e a Editorial Edebé están a poñer en marcha a primeira edición do PREMIO APRENDIZAJE-SERVICIO 2015 destinado a centros de Educación Infantil- Primaria, Secundaria-Bacharelato e Formación Profesional, así como a entidades sociais que estean a desenvolver  experiencias neste eido.

Tedes toda a información no seguinte enlace: http://aprendizajeservicio.com/

martes, 28 de abril de 2015

Matrícula Aberta no I Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Educación Superior

Ábrese a matrícula do I Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Educación Superior: Innovación, calidade e institucionalización, que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela o 27 de maio de 2015.

Ver programa

Está dirixido ao profesorado das tres universidades galegas.

Para REALIZAR MATRÍCULA podedes premer sobre este enlace ou visitar a web da EGAP (o prazo remata o día 19 de maio ás 14:00 horas)

Ver resolución no DOG

Máis información: www,usc.es/esculca

Teléfonos de contacto:
881 81 38 90 (Grupo ESCULCA)
981 54 62 41 – 981 54 62 39 (EGAP. Só en horario de mañá)

martes, 21 de abril de 2015

APES de Ourense pon en marcha o proxecto CADEAS SOLIDARIAS

O próximo día 23 de Abril, e enmarcado no Programa Alba para a prevención de conductas de risco, a Asociación APES de Ourense porá en marcha no Espazo Xove desta cidade, o proxecto "Cadeas solidarias" con unha xornada de encuento interescolar. Participarán alumnos, alumnas e profesores dos seguintes centros educativos: Concepción Arenal, Luis Vives e Divina Pastora. 

miércoles, 15 de abril de 2015

AXUDAS INICIATIVA XOVE

A Direción Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia ven de convocar nos pasados días as axudas Iniciativa Xove 2015, onde mozos e mozas, poden desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, podan reverter na mocidade actual e na sociedade galega. 

Debido a filosofía destas axudas os proxectos presentados poderán seguir a metodoloxía de aprendizaxe-servizo, co cal é unha boa oportunidade para que asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas podan financiar as súas iniciativas ApS. 

Toda a información no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html